jueves, 4 de noviembre de 2010

E por primeira vez na miña vida...non hai forma de de que as letras de xunten de forma convincente, non é posible plasmar a idea dun modo aceptable usando únicamente palabras. Porque as palabras son soamente un método de comunicación, un linguaxe de signos imperfecto, e non teñen por qué captar a maravillosidade e a completez das ideas. Porque as palabras son falsas e non se pode dicir a verdade absoluta con elas, non en moitos casos, polo menos. E cando se fai pode non servir xa para nada. As palabras e os actos, non falsos, pero igualmente difíciles. Non son capaz de escribir nada sobre o que penso, e menos agora, neste intre. Tampouco quero, e menos agora, neste intre. "Deberías durmir, Hache, deberías durmir"

No hay comentarios: