domingo, 13 de junio de 2010

Traballo Infantil

E por suposto, xa carecendo éste artículo de introducción sobreadxectivada das que tanto me atraen, non podía deixar de falar do meu apoio ao traballo infantil.
Supoño que en países desenrolados como son o noso, os EEUU, Francia ou Xapón, o normal, o mellor, sen dúbida algunha é o mais axeitado, o mellor para a xuventude, que crecerá, será educada e nun futuro traballarán como adultos productivos para mellorar esta sociedade.
Pero o innegable é que en países como Bangladesh ou Mongolia o traballo infantil non é que sexa un feito, senón que é vital para o desenrolo de moitas persoas e familias, e incluso da economía do lugar en si. Digamos que a loita contra o traballo infantil utópicamente é necesaria, mais para chegar a dito punto moitas veces a situación require traspasar camiños distintos, obstaculizados por políticos e activistas.

Centrémonos agora nun país como é Mongolia. Ocupa o posto número 141 no ranking mundial de estados respecto ao PIB (por embaixo de Tajikistán, Namibia ou Laos). En Ulan Bator, a capital, a maior e mais perigosa banda de delinquintes ten unha idade media de 14 anos. Son nenos. Nenos que durante todo o día se dedican a roubar e...si, asasinar. Eses nenos non teñen posibilidade de ir á escola, polo número de prazas das mesmas, e Mongolia non ten capital suficiente para montar mais centros educativos (ainda que moita xente o dude, non se poden chascar os dedos e que aparezan por arte de maxia tres hospitais, sete escolas e mais un parque de bombeiros). Eses nenos teñen que estar traballando, non acuchillando persoas. inocentes.

Falando agora doutro país como Bangladesh, onde a lexislación estadounidense contra a importación de textís producidos por man de obra infatil (co fin de "protexer" aos nenos da explotación e promomover a súa educación) remataron tendo un efecto devastador na economía e nas vidas daqueles aos que se intentaba protexer.
A comezos dos noventa, cando o yute cru era a maior importación do país, os nenos mendigaban nas rúas, envoltos en violencia, e dedicándose a rebuscar entre o lixo, a traballos pesados é a prostitución. A expansión a partir do 1990 da industria textil creou traballos mellor remunerados e menos arduos para os nenos. Seica isto está ben alonxado do ideal, claro está, pero ditos traballos eran moi superiores aos que tiñan anteriormente (Non sei vos pero eu prefiro traballar nunha fábrica a rebuscar no lixo ou vender o meu corpo). E, por suposto, as condicións das que dispoñían foron moito melloras cas que obtiveron, de novo, trala presión exercida polos EEUU para que a industria os despedise. Folga dicir que o único lugar onde tales nenos non remataron foi a escola.

Falemos agora de UNICEF, a institución con maior credibilidade en temas de defensa infantil. Pois UNICEF atopou que para os nenos da industria textil en Bangladesh, o traballo era "menos riesgoso. financieramente más lucrativo, y con mayores perspectivas de mejora que casi cualquier otra de las formas de ocupación disponibles". Asimesmo, UNIFEC, mencionou que os boicots "caen en el problema de no poder distinguir entre malas y buenas situaciones laborales para los niños". A organización é particularmente crítica do uso do traballo infantil como excusa para impoñer medidas proteccionistas no comercio, tal e como se impuxeron para os productos de Bangladesh.
Conclúe o estudo de UNICEF aseverando que "es dificil encontrar algo que sea digno de alabar en los argumentos que utilizan al trabajo infantil para establecer restricciones unilaterales a las importaciones", unha acción manifesta na axenda dos involucrados en tal campaña. Quitar a eses nenos do seu traballo, ante a imposibilidade, pola sua situación, de ir á escola, non será senón un duro revés para a súa infancia, formación e propia existencia.
Hai moitos tipos de prácticas de traballo infantil abusivas ao redor do mundo onde unha campaña coidadosamente dirixida a mellorar as condicións de traballo podería resultar de axuda, pero non así as prohibicións restrictivas totais (e proteccionistas) dalgúns grupos que usualmente apoian tales medidas de forma indiscriminada ás importacións de productos fabricados con man de obra infantil.

Os países subdesenrolados, ven cada día que pasa como tales medidas económicas destinadas, teóricamente, a protexer aos nenos da súa explotación como man de obra, ou incluso a protexer o medio ambiente ou as culturas locais (do que falarei noutra ocasión) non fan mais que promocionar a propia axenda política e económica dun grupo de persoas dos países ricos. Xa aprendimos das bataias rueiras en Seattle que os presuntos defensores dos pobres adoitan moitas veces ser, en realidade, os seus peores inimigos.