miércoles, 23 de junio de 2010

Menuda vergoña

Realmente sinto vergoña e asco neses casos.
Antes de continuar, afirmarei, como xa sabedes de sobra, que eu primeiro son galego, e escribo en galego e todo iso. E...vaia, despois tamén son español. Como pertencente a tal nación, non podo pais que sentir certa pena por todos eses pobres ignorantes que, regodeándose na súa utópica fantasía progre, apisotean e escupen sobre a bandeira do noso país. Porque da igual que seamos vascos, cataláns ou galegos, somos iso, pero despois, somos tamén españois.
Faime moita graza ver a toda a pandilla de republicanos renegando do seu país cando foi o propio partido republicano en tempos da guerra civil que mais defendeu a unidade nacional e quen popularizou o berro de "Viva España"
En Estados Unidos, a nación mais desenrolada, e con mais capital económico, de todo o mundo, podemos observar unha bandeira estadounidense case en cada casa. Aquí, se a alguén se lle ocurre facer o mesmo cunha bandeira do noso país (exceptuando tempos de Mundial) sabemos perfectamente que será apedreado e vejado polos veciños. Non hai mais que fixarse nun artículo do maestro Pérez Reverte, ao que un ignorante tildou de "facha" en plena rúa, polo mero feito de ir traxeado. De risa, vamos.

Vese que aínda somos un pobo atrasado, marcado polo "guerracivilismo", polos axiomas de "los comunistas y republicanos, los nacionalistas, estaban en contra de Franco. Eso es que tenían razón. Yo voy a ser igual que ellos" e cousas aínda peores, fan do noso país algo no que as palabras como "patria" ou "bandeira" perderon todo o seu bo sentido. E realmente dóiome cando vexo a toda esa xente que, por ideais inculcados estúpidamente, sen un sentido verdadeiro nin unha reflexión adulta nas suas mentes, por ter nado así, por así dicilo, préndenlle lume á vermella e gualda bandeira do noso estado. ¿Por ser de esquerdas tedes que odiar ao voso país? ¿Por amalo tedes que ser fachas? Non me fodades, anda.

Dito isto, arriba España, e arriba Galicia

No hay comentarios: