domingo, 6 de junio de 2010

Israel ou Palestina

Acometo entón a xa prevista fácil tarefa de conseguir que me odiedes un pouco mais.

Apoio a Israel.

Bien, agora dedicádevos un par de minutos, queridos amigos progres, pro-dereitos humanos e supermodernillos de la muerte, a insultarme vilmente, poñer comentarios dicindo a pouca idea que teño do tema (cando vos non tedes nin idea da propia idea que teña eu), comentar as infames salvaxerías barbáricas xudías e sandeces similares polo estilo. Desafogádevos un pouco. Unha vez rematedes, continuade lendo, por favor.

Ei, que non estou en contra de Palestina.

Oh, ¿cómo pode ser iso? ¿Cómo podo apoiar a ambos bando? ¿Como podo ter a tremebunda desfachatez de dicir que non me molestan os arabiguillos se un par de liñas mais enrriba dicía o mesmo dos das barbitas?

Parémonos a pensar, que no fondo non doe nin nada. Obviamente, non me vou meter no recente incidente do ataque ao navío de auxilio en si, pois non está probado quen comezou o ataque, se os israelís dende o helicóptero, que xa disparaban indiscriminadamente ao John Wayne cos fusís ou se cando estes baixaron (sen abrir lume aínda), os turcos os golpearon coas barras metálicas e gran satisfacción as cabezas dos seus abordantes. Ambos bando contan versións diferentes, e por agora non pode probarse do todo cal é a certa. O único asegurable pola información da que se dispón e que houbo violencia por ambas partes, asi que...abride a mente.

Agora a xente dirá: "Vale, Hadri, es que da igual quien empezara, es que los judíos no tenían por qué interceptar un barco de ayuda"
Bien, imos pensar entón. Un pouco mais de exercicio mental, como o Brain Training de marras.
Poñédevos nesta situación, que non é moi complicada. Non o é mais difícil de entender que o xogo do Real Madrid de baloncesto (ou sexa, nada).
Agora vos, queridos estudantes de bacharelato, universidade ou FP, sodes felices e adiñerados membros do colectivo xudeu. Vivides tranquilamente, coas vosas felices e amadas familias, en Israel. Unha vida modélica, traballando, divertíndovos, en amor e compañía...eh, esperade.
¿Que países está así, pretiño, de vosa casa, a un tiro de pedra (ou de mísil)?
Pensemos...Siria, Turquía, Exipto, Cisjordania (ainda que non é propiamente un estado, nin falta que fai) Iraq, Irán...
Si, sitios totalmente seguros, totalmente exentos odio cara o voso pobo, de radicalismo homicida algún e nos cales non existe ningún tipo de violencia cara xente doutra relixión que non sexa a que eles profesan, verdade?

O certo, únicamente é que Israel protéxese.


Todos os que están ao seu redor, todos se tivesen oportunidade, os esnaquizarían se puidesen. Ou credes acaso, neniños inocentes, que Hamás, se tivese un par de petardos nucleares do quince non os tiraría, sen pensalo medio minuto e con alegría sobresaínte, aos seus veciños? E o señor Mahmud Ahmadineyab? O tolo das pelotas ese, en canto poida, non soamente arrasará Israel, senón o resto do mundo occidental. Reduciranos a cinzas en canto poida. Pero claro, vos seguides na vosa burbulla, sentíndovos moi modernos ao dicir "Abajo Israel, son asesinos. Palestinos al poder!" Si, apoiades aos mesmos que se puidesen vos meterían sete balas yihadistas polo voso virxinal orto.
E Israel que fai? Simplemente segue a máxima de "mellor previr que curar". En antigos envíos de "axuda humanitaria" cara a Franxa de Gaza, colaron armas homicidas para uso dos palestinos en contra do pobo xudeu. Non foi nin unha, nin duas, nin tres veces. E os israelís non son tontos (non poden selo cando sobreviviron a sete guerras desde a súa creación como estado en 1948 ).
Eu, no seu lugar (e todos nos, se vos parades a pensar friamente), faría algo similar. Incautar cada un dos barcos de axuda enviados cara a Gaza, levalo a un porto seguro baixo control israelí, revisalo, comprobar a mercancía transportada e, se non hai irregularidades (estilo nitroglicerina, AK-47 ou granadas de fragmentación desas que deixan feito pulpa sanguinolenta) deixaría continuar ao barco no seu cometido, que a axuda ao territorio de Gaza fai falla, iso ñe certo. Se pola contra contén algo que se saia do esperado...embarcación e mercancía confiscados.
Tal vez os israelis equivocáronse no método, pois non hai defensa posible para rematar con vidas humanas, excepto en casos extremos de lexítima defensa, e recordo que non vou entrar no tema dese altercado. Pero a cuestión é que a revisión dos barcos que lles mandan aos seus inimigos, é o mínimo que poden facer para protexerse, e eu apóioo.

Agora si, o que realmente debería facer esa xente, lean o Corán ou a Torá, leven burka ou non, adoren a Alá ou a Yahvé, sería vivir en paz. Citando ao mestre Kurt Cobain "paz, amor y comprensión". Pero isto é algo utópico e inalcanzable.
Xa non digo eliminar as fronteiras e unir Israel e Palestina, como se debería, cousa totalmente imposible debido ao afán directamente destructivo do ser humano, e a décadas de diferencias, pero si respetarse mutuamente.
Cousa que non fan nin os dun lado nin os do outro, e que levaría a destrucción de ambos pobos.
Por iso Israel toma precauciones



4 comentarios:

Beg dijo...

Vale. Ya puedo decir que mi cerebro lo ha leído y entendido mejor que cuando me lo dijiste por la tarde.

Por cierto "Israel, Israel, qué bonito es Israel"? jajajaja

Parsley sage rosemary and thyme dijo...

O proble am de Israel é o éxodo, o pobo xudeu, un pobo que non fai apostolado e que evita matrimonios mixtos necesita con tódalas letras un estado onde as súas xentes non señan perseguidas cada vez que hai problemas económicos. Onde non lles confisquen os bens e os tricionen vilmente, onde non os obriguen a levar un distintivo nin os queimen nin os metan en cámaras de gas... necesitaban un lugar donde poder vivir segundo as súas propias normas.
Pero o mundo todo está ocupado, xa fai milenios que aqueles Palestinos os botaron da terra prometida, estes son outros palestinos, moi diferentes, moi alleos. Qué rencor se lles pode gardar? Qué culpa teñen das penas de Israel? Qué deben pagar os ismailitas aos descendentes do outro fillo de Abraham?
Este conflicto non ten fin, é unha espiral de penas e sufrimentos, e no medio, coma unha auténtica xoia de amor e destrucción, Xerusalén.

H de Vendetta dijo...

Rita, deixa de facerte dedambres

http://www.youtube.com/watch?v=xzMUyqmaqcw

Parsley sage rosemary and thyme dijo...

ti si q tes un dedambre mental ala ala


weno q tal tdo? xD