jueves, 20 de mayo de 2010

Walden II

"Hay otro punto de similitud. - dijo Frazier por fin cuando vio que yo iba a hablar. - No sé si comprenderás esto, Burris. Supongo que te reirás. Pero intenta olvidar tu cinismo profesional.
Dejó a un lado el telescopio y vaciló un instante; luego extendió la mano en un gesto que abarcaba todo Walden Dos.
-Estos son mis hijos, Burris. -Dijo en un susurro. - Y los amo.
Se puso de pie y comenzó a caminar de regreso por el borde rocoso. Yo le seguí despacio. Entre los matorrales se volvió y esperó a que yo llegara. Se sentía embarazado y bastante confuso.
-¿Qué es el amor, - Dijo, encogiéndose de hombros. - sino la utilización del refuerzo positivo?
- O viceversa. - Dije yo."

B.F. Skynner "Walden II"


Supoño que as sociedades científicamente construídas baixo un marco dogmático psicolóxico non levan a ningún lado, e menos cando deixan de lado as emocións. Un experimento como o proposto por Skynner (pasemos o seu comunismo psicolóxico-mental de raices antidemocráticas por alto, xa que non teño ganas nin ánimos de explicalo aquí, e menos a estas horas. Se a alguén lle interesa, cousa que dudo, que busque o libro e o lea, que falta fai ler) non podía senón fracasar estrepitosamente e con furiosa cólera (para o autor, supoño, pois pese a ser un best seller, vese claramente que a pretensión de aplicalo empíricamente na realidade é utópicamente, nunca mellor dito, imposible).
Resumindo algo, para variar, non podemos xulgar se nos gusta mais o branco e o negro cando non coñecemos nada de azibeche cor e todas as nosas sabanas van lavadas con Perlán (publicidade ao canto, ollo). Non podemos escoller se somos vexetarianos cando xamais se nos deu a probar a un apio, unha leituga ou esa insipidez que son as esmeraloides acelgas. E por suposto, xamais seremos boas persoas se non coñecemos o mal, se non podemos escoller entre facer o que está ben (moralmente para nós, pois o ben é algo relativo, cousa que explicarei outro día) ou todo o contrario. Non seriamos seres humanos. Seríamos meros entes lóxicos e racionais. Androides robóticos, cibreproductos antropomórficos de carne e impulsos eléctricos. Nada somos sen o ben e mailo mal na sua xusta medidad non noso interior, sen as emocións, positivas e negativas, e sen poder amar dun xeito total e desesperadamente irracional. Sen poder estar unha tarde completa tirado na cama coa persoa que amas, sen nada mais que o estropee. Sen poder agardar, co corazón latendo desaforadamente, a ver a esa persoa tras unha semana agardando. ¿Qué sería a vida sen iso? Todo gris, todo metalizado. Frío, calculador. Así sería o ser humán. Totalmente eficiente e efectivo, pero sen nada emocional dentro da carcasa. Sen disfrutar, sen chorar, sen rir, sen sufrir, sen ser desdichado pero tampouco feliz.
A vida sería realmente unha mierda.

No hay comentarios: