sábado, 29 de mayo de 2010

Portugueses non!

Antes de que algún fanático de turno me tilde de racista, discriminador ou apelativos semellantes e infundados, procederei a explicar isto:

Eu son galego

Como tal, obviamente, eu falo galego, escribo galego, defendóo e promovo a nosa lingua como se debe.
O problema, o conflicto de marras, o intre no que a estupidez humana alcanza un dos seus culmes, chega no momento no que a xente defende o galego...pero sen defender o verdadeiro galego, a ver se me explico.
Carteis do estilo de "Canha para a Espanha" ou "Unha nassom uma seleçom" e merdas similares (nin sequera sei se o escribín ben, pero tírame da punta dun pé, se vos son sinceiro) campan ás suas anchas pola nosa amada e querida terra. Non hai mais que entrar nun local como o Avante, aquí en Santiago, para que os verdadeiros galegos sintamos enormes ganas de vomitar a cea. E isto ocurre na terra galega. Esa xente que tanto se xacta de defender a lingua de Breogán non están mais que falando portugués. Canha? Veña, oh, non me fodades. O galego ten Ñ. O galego de verdade soamente ten que ver co portugés a súa orixe, nada mais, non é reintegracionista. Os que defenden o español defenden o español normativo, non o dos tempos de cervantes, nin o español sudamericano.
A que ven ir a unha manifestación de Queremos Galego cunha bandeira portuguesa? Que pinta iso alí? Provocación? Efectivamente. Esa xente non defende princpio algún, soamente intentan crear polémica, sensación de inseguridade nos demais. Así síntense protagonistas por algúns minutos, disfrutando do seu reclamo de atención humana.
E bueno, xa nin repasarei a os salvaxes de turno que se creen que galicia deberíase independizar de España para unirse aos nosos veciños, que vegoña dan.

Se queredes defender a nosa lingua, faládea, non vos pasedes a otro idioma.
E se non, pois ide turrar contra un muro.

3 comentarios:

Parsley sage rosemary and thyme dijo...

E ti tannn... ataquescampista? :)

Beg dijo...

http://www.youtube.com/watch?v=D9sPSxiP4D8

H de Vendetta dijo...

Maravilloso