miércoles, 26 de mayo de 2010

Os donos do mundo

Porque xa era hora de que alguén o dixese dunha vez:
DOMEÑAMOS O MUNDO.
Si, os xornalistas. Temos unha cualidade que ninguén mais posee. A de controlar os entresixos mais profundos da mente humana. O de usar a nosa influencia sobre as apetencias da xente para volvelos dóciles como ovelliñas. Ninguén ten mais poder ca nos. Ninguén.
Un futbolista se limita a dar patadas a un balón, por moito arte que teña, e pode ilusionar aos miles de espectadores que pousan esa fria noite primaveral ante a dinámicamente entusiasta imaxe no televisor que representa un ReaL Madrid-Barça ao vermello vivo. Pero soamente é unha ilusión.
Un biólogo analizará e clasificará os correctamente os organismos uni e pluricelulares que lle manden no seu solitario recuncho de laboratorio investigativo e un médico, nun dos traballos mais irrecompensables que existen (o que fai non ten prezo algún) salvará vidas, vidas humanas. Pero non controlarán ó mundo, non.
Un arquitecto diseñará belas e impoñentes construccións (ou afuncionais e...directamente adefésicas, señor Calatrava) que un mesto grupo de decididos e inframileuristas obreiros edificarán con diversa maquinaria e a forza das súas mans. E, pese a que son un inestimable valemento para a especie antrópica, non dominarán o mundo, pois non teñen poder para facelo.
Un inxenieiro realizará un gran (ou menor, depende cuan bo e cantos medios teña) apoio á enorme humanidade (bendita Revolución Industrial), pero estará controlado pola mesma, non ao revés. Un inxenieiro non é a fin de contas mais ca un mero e subordinado peón, subxugado polas leis sociais. E como él, os físicos e os matemáticos, moi hábiles co manexo de ciclópeas ecuacións e con problemas moi válidos no papel, pero que nada serían por si mesmos tirados e repachingados no mundo.

Pero eles son distintos. Os xornalistas son outra pasta. Sen eles, ninguén coñecería os entresixos da investigación espacial. Mirariamos fixamente cara o vasto e escuro firmamento nocturno en busca de refulxintes estrelas arxénteas sen saber sequera o que os nosos inexpertos ollos divisarían. Diseñadores de moda se quedarían sen traballo sen o apoio da prensa. E os deportes, na súa totalidade (obviemos os minoritarios) non sobrevirían nin un par de efímeros minutos sen eles.
Porque os xornalistas son os que controlan todo e sen eles o resto do mundo non é mais ca é repugnante e malulinte lixo .
Sería un mundo atrasado, destruído, esquecido.

Un xornalista ten esa extraña capacidade. Se ao Marca se lle mete na cabeza que o señor José Mourinho vai entrenar ao Real Madrid ao final o señor José Mourinho realmente vai entrenar ao Real Madrid. Seguro, de feito estase a ver agora mesmo. Se a El Mundo e a El País (incrible coincidencia entre ambas publicacións a suposta, pero da igual) se lle mete na cabeza que as eleccións próximas ao estado Español as debería gañar Gaspar Llamazares (abracadabrante posibilidade, por outro lado), non dudedes nin por un intre que o señor Llamazares gañaría. É axiomático. Non hai discusión posible á insalvable vantaxe que poseen e exercen os xornalistas sobre o resto dos entes socias e cidadáns.
Supoño que agora vos carcomerá a envexa, o temor, mesmo a ira de ver cómo a vosa deleznable profesión non é mais ca unha morea de terra mollada ante o terrible poder que vos controla, do cal non se pode fuxir ou evitar.
Non hai nada mellor que ver que realmente se ten poder sobre toda esa xente, que de verdade acatan as túas decisións coma un rebaño de mentecato e badulaque gando ovino. Nada mellor que regodearse, sorrindo taimada e fascinerosamente, da influencia que exerces sobre os pensamentos, os coñecementos (quizais non tanto os sentimentos) e as esixencias mais íntimas do corpo, da mesma alma do metafísico. Sen eles xa non seriades os mesmos, tal vez teriades apetencias distintas, despertariadesvos noutro lugar, sendo outra persoa.
Non sodes nada, NADA, sen nos.

Tras ler isto, non sigades despotricando viles e esperpénticas sandeces de preadolescente contra min e aceptádeo. Estades sendo domeñados, incluso por este texto, que afectou ao voso ánimo, dunha forma ou doutra ¿verdade?.
Veña, respirade xa.
Nós "mandamos no cotarro".



Obvio dicir que me podedes comer a polla se ides opinar mal sobre este estúpido e esaxeradamente egocéntrico (profesionalmente falando) exercicio ¿verdade?

9 comentarios:

Matoya dijo...

Xa sabes que che dou a razón en prácticamente todo o que dis. Pero por outra parte, incluso os periodistas estades sometidos ás necesidades do lucro.

Por moi revolucionario que sexa un artigo nunca será publicado se se sabe que non vai gustar. Así que, en certo modo, a vosa omnipotente e omnipresente influencia se ve posta ó servicio da chusma, xa que a pesar de todo, estades limitados. Limitados a escribir "o que queren escoitar". Despois de todo, o mundo se vai a merda e os periódicos se limitan a botar as culpas a uns ou outros políticos en función da súa orientación política.

É certo que, de estar este noso mundo organizado doutro xeito, seica máis libre e menos informatizado, os periodistas seguiriades a ser unha presencia poderosa, influínte e fantasmal, tal e como antano. Pero sendo realistas, estades esclavizados pola polaridade actual da nosa sociedade, pola todavía máis poderosa e fantasmal man do neoliberalismo e mesmo por outros periodistas.

Salud.

H de Vendetta dijo...

Se nesta sociedade "neoliberalista" realmente non podemos campar ás nosas anchas é porque non é realmente liberal, senón que aínda hai demasiadas ataduras sociais. A. Esplugas Boter xa falou disto na súa obra "La comunicación en una sociedad libre". O liberalismo ao extremo sería o paraíso, tanto económico como informativo (e nos daría aos xornalistas un poder xamais visto na historia)

Loxicamente cada xornalista está supeditado a un xefe e mais á lliña editorial da publicación na que esté (obviamente Intereconomía non vai facer apoloxías republicanas, faltaría mais), pero cando ése xornalista é o xefe...a cousa cambia. Ou cando é libre, cousa que se vais a miúdo cada día en medios como poden ser as publicacións independientes ou mesmo internet. Tal vez haia deste modo menor influencia, ao chegar a un menor número de espectadores, pero bueno, as cousas poden cambiar

Beg dijo...

Yo mantengo y mantendré que son los científicos quienes dominan el mundo.

H de Vendetta dijo...

Os científicos soamente son uns pobres ilusos que fan o que lles ordenan os gobernos. ¿E quen controla os gobernos?

Beg dijo...

Deja de montarte películas.

Parsley sage rosmary and thyme dijo...

Puto H dos ghuevos xD

angelrc1 dijo...

en fin H...esto huele muxo a mi polla es mas grande que la tuya,yo soy mas alto que tu y cosas por el estilo.Todos sabemos que si estudiaras podologia dirias que los podologos son los amos del mundo y estupideces por el estilo,y asi con todas las carreras igual.Deberia estar estudiando en vez de leer esto...

H de Vendetta dijo...
Este comentario ha sido eliminado por el autor.
H de Vendetta dijo...

Os podólogos son inútiles, Ángel.. Xa dixen que se alguén non está de acordo que me coma a polla.