martes, 4 de mayo de 2010

Hoxe é martes, todo o día

Podería escribir tantas cousas... Podería recordar tantos feitos acaecidos nun suspiro, nun mero e temporalmente fugaz intre. Podería incluso dicir que foron, e levan sendo, uns cinco meses incribles, inigualables, irrepetibles e innesquecibles. Podería perderme en interminables divagacións e tolerías nocturnas sobre o significado de que entraras na miña vida. Podería poñerme a construir castelos de papel flotando no aire como veleiros no ancho mar, castelos sobre o que depararán os días vindeiros, as suas tardes e todas as suas noites. Podería simplemente dicir un "quérote" irracionalmente sinceiro, irracionalmente vehemente. Podería abrir o meu interior dunha puta vez, sen medo, e dicir todas esas estupideces que me afogan importe o que importe. Podería relatar o terror que ateaza os meus membros cada vez que penso que te vas ir. Podería dedicar cincuenta capítulos completos, coas suas comas e os seus acentos, a todo isto. Podería escribir tantas cousas...

Pero ambos sabemos que somos alleos a este tipo de parvadas.


2 comentarios:

Beg dijo...

Arg.
Doble arg.
(:

No, NO lo acabo de leer ahora, de verdad.

H de Vendetta dijo...

jajajajajajajaa