martes, 27 de abril de 2010

Que vos fodan

Para todos aqueles que tiran a toalla. Diríxome aos que baixan prematuramente os brazos, aos que se deprimen estúpidamente, aos que o pasan mal sen sentido algún. Falo cos que se creen que o seu problema é o mais insalvable dende os albores do pensamento humano, e non se preocupan en coñecer os dos demais. Escribo para aquelas persoas que pensan en suicidarse porque perderon o seu puto posto de traballo.
Ódiovos.
Aos que lles gusta un pouco unha rapaza e choran saloucando por ela cando nin sequera teñen a mais mínima idea do que é o verdadeiro e fodido amor. Despréciovos. Non sodes mais ca débiles despoxos humáns. Todos aqueles que rompen en lágrimas por un suspenso. Non tedes nin idea do que é o auténtico sufrimento.
Un rapaz que queda orfo con apenas doce anos porque súa nai morreu nun accidente de automóbil. Unha viúva que, tras vivir duas decadas namorada do seu esposo, sufre a visita da parca, que arrastra á persoa que mais quería. Unha persoa que sufre en silencio o devastador cancro.
Iso si que é sufrimento, e non as vosas merdas. Non hai nada que desprecie mais que esa xente que se cree forte e logo cae ao primeiro disparo. Non merecedes ter o que tedes. Disfrutade da vosa vida en vez de recrearvos na dor, porque o voso tempo está a rematar, cada vez se achega mais a fin. Ides morrer. Iso é o único seguro. Todos imos morrer nalgún momento, e é sinxelamente estúpido que nos dediquemos a mexericar por cousas totalmente absurdas, perdendo o noso preciado tempo en vez de disfrutar das horas que temos nas nosas mans. Viaxade, disfrutade, amade. Vivide. Erguede a vosa maldita cabeza, mirade ao fronte dunha vez. Berrade o voso nome. Se retrocededes, envellecedes, se vos rendides, morredes en alma. Seguide adiante e non sexades seres despreciables como todos os que se arrastran por este mundo coma se desexaran un fin prematuro.


2 comentarios:

Varja dijo...

Parece que a ti también te gustó al palntilla a lo bohemio ^^

H de Vendetta dijo...

efectivamente jajajaja