miércoles, 21 de abril de 2010

Á merda con ETA

Probablemente gañareime un par de inimigos entre os compañeiros de facultade pertencentes aos comités se algún deles lee isto, pero arríscome a dicir o que penso, como sempre.
Antes de nada, botádelle unha ollada aos feitos.

"Aquí canta todo o mundo. Son cinco días de viaxe: o segundo peor ca o primeiro; o terceiro peor ca o segundo; o cuarto peor ca o quinto; e o quinto peor ca o cuarto". Malia que desde o primeiro momento reclamou o seu dereito constitucional a non declarar e, como xornalista, a non revelar as súas fontes, o daquelas director de Egunkaria foi 'encomiado activamente' pola Garda Civil a facilitar información sobre a xestión das entrevistas que lle realizou a dirixentes de ETA."


http://www.vieiros.com/nova/79222/algun-dia-as-torturas-investigaranse-no-pais-vasco-como-fan-agora-en-chile-ou-arxentina

(se non se ve o enlace, buscade en google "vieiros otamendi compostela" e dádelle alí ao link en cuestión)

Vale, en primeiro lugar. O tipo non era de ETA, segundo él, ¿non?
Ben, unha cousa, imos deixar á marxe o feito de que fose ou non torturado, cousa de por si discutible e evidentemente indemostrable, así que a min me parece algo un pouco sensacionalista, como para desviar a atención.
O señor Otamendi non era de ETA porque él mesmo dixo na charla que para entrar en ETA tiñas que estar en contacto co grupo en cuestión, con altos cargos que te incluísen na organización. Pois como ben dixo, él estaba en contacto con altos cargos aos que entrvistaba asiduamente para o seu xornal. E nunca revelou que persoas eran, onde se atopaba con elas e cando o facía.
Está claro que un xornalista ten dereito a non revelar as suas fontes, está no seu dereito e ninguén lle pode recriminar iso... pero pensemos por un momento.
ETA é unha organización terrorista.
Mata xente.
Así de simple e así de claro, MATA PERSOAS, persoas cunha familia, cunha vida por diante, con fillos, amigos...persoas con ilusións, persoas namoradas, persoas tristes e felices, que rematan esnaquizadas na rúa por un artefacto explosivo.
Calquer español, calquer galego, catalán ou vasco (si, ou vasco, ostia), suponse que, en un principio, condena as actuacións de tales criminais. Rematar con vidas humanas é o acto mais baixo e despreciable que se pode realizar nesta vida. E a ningún de nos nos pode congratular tal cousa. Espanto, horror...ira...todo iso sentimos ante tales asesinatos.
Agora ben, unha persoa que, cando pode, non axuda na loita contra ETA, senón que os "protexe" escondendo a información que deles dispón...iso xa ten duas interpretacións.
A primeira é que sexa membro de ETA, cousa que o xuíz Baltasar Garzón non puido demostrar en dous intentos.
A outra é que sexa simpatizante dos mesmos e que esté de acordo con eles, como fan incomprensiblemente algunhas persoas no país vasco.

Calquera das opcións é pouco menos que deleznable, indignante e inhumana, e, por suposto, merecedora incluso dunha tortura, señor Otamendi.


E por suposto, impórtame un carallo o que pense calquera que lea isto

No hay comentarios: