miércoles, 21 de abril de 2010

Amar na escuridade

Non me gusta esta escuridade. Cérnese onda min coma un cincento voitre, batendo as longas ás, asexando prea recén rexeitada polas feras da sabana. Non hai ninguén na mesta e indisoluble escuridade, soamente un mesmo.
É quizais esa a razón de que cause en nós un irracional e irrepresible temor, atenazando os nosos membros coma farían unhas grosas cadeas de aceiro templado. A escuridade contén un sentimento de soidade. ¿Tememos á dura negrura porque nos remite a un duro estado de eventual abandono? Nós fuximos da soidade coma dun asasino cunha mortalmente afiada guadaña. Anhelamos, si anhelamos, durante toda a nosa vida achegarnos a alguén. Precisamos notar a calor da pel doutra persoa sobre a nosa. Desexamos ferventemente sentir ése lodo tibio correndo polas nosas entrañas. Desexamos espertar unha mañá e atopar a alguén entre as nosas sabas, agarimando cos seus dedos o noso cabelo con infinito cariño.
Desexamos amar. Tal vez sexa esa a primeira idea que se cruza pola nosa mente cando nacemos do cálido ventre materno, aínda que logo non a recordemos.
Amar. Pero o amor, sexa por unha ou por outra circunstancia, non leva a curar a nosa angustia polo xeral.
Pode ser un caso de terrible amor non revelado. Atopámonos así coa fonda desesperación do que ve á súa desexada un día tras outro, diante, ao lado, alá ao fondo; e nunca se atreve a confesarlle os seus sentimentos. Timidez, cobardía... Pódeselle chamar a isto como se queira, pero o único ao que leva é ao sufrimento. A ésa presión no corazón que se sinte cando se ten a esa persoa ao alcance da man e non se ten o coraxe de rozarlle o hombreiro e dedicarlle unhas palabras que o cambiarían todo.
Pode ser amor non correspondido. Nese caso hai que comprender que non se remata o mundo, por moi duro que pareza, erguer a cabeza e non deixar de respirar. Mirar ao ceo, tragar saliva e berrar ben alto. Saber cando continuar, pero tamén cando renderse. Saber que todos, todos, temos a alguén, ainda na outra punta do mundo, que nos amará incondicionalmente. É pura cuestión de estadística, pero tamén pura cuestión de irrefutable fe.
Están tamén aqueles que renegan do amor, pero tan só son unha panda de irreventes cargados de hipocresía. Tal vez sexa porque teñen un medo irracional a sentir cousas que escapan á súa curta concepción da realidade. Non son capaces de entregar a sua alma por nada, cñegalles o terror a perderse a si mesmos.
E tamén están os que son correspondidos. E tal vez sexan estes os mais desdichados de todos. Inseguridades, celos, preocupacións e desvivencias de todo tipo surcan a mente dalgún destes pobres diablos. E o peor é cando remata todo. Entón desmorónanse. Vólvense unha sombra de si mesmos. Os afortunados que non coñecen o amor falan maravillas del, mais os desventurados que coñecen tales vicisitudes falan cruelmente dese sentimento.
Disfrutade mentres vos dure. Amar. Amar dende o mais fondo do corazón. Xamais hai que arrepentirse de entregarse. Aprender a amar incondicionalmente, sen esperar nada, sabedo o que se ten e o que se terá. Perder o medo a verterse por completo na outra persoa, perder o medo a que lle fagan dano a un mesmo.
Amade

2 comentarios:

Blau dijo...
Este comentario ha sido eliminado por el autor.
Blau dijo...

"Pero o amor, sexa por unha ou por outra circunstancia, non leva a curar a nosa angustia polo xeral."
Ultimamente no hago más que mirar a mi alrededor y ver personas que tratan desesperadamente de encontrar alguien en quien poder volcarse. A veces me incluyo. Parece que necesitaran esa "excusa" para sacar muchas veces todo lo que llevan dentro. En momentos así me pregunto..¿No están sobrevaloradas todas esas canciones de amor que hacen de la persona un puzzle incompleto que necesita encajar con otra, la última pieza? ¿No tendría que ser capaz esa persona de llenarse a sí misma y ser feliz antes de buscar la felicidad en otra piel?